Os nosos antepasados artistas.

Pinturas de Altamira

¿Qué é o arte? Existen moitas definicións para esta cuestión aínda que todas coinciden no seguinte: é aquilo que nos transmite sensacións ou sentimentos e que está feita pola man do home. A man deste home foi evolucionando, e así mellorando na súa labor artística. Moitos artistas xogaron co efecto visual, enganando o ollo humano; outros simplemente querían deixar constanza das súas vivenzas; outros gañáronse a vida con isto; e outros perdéronna. Máis eu quero remontarme a moito antes de todo isto, eu quero falar acerca daqueles primeiros artistas que non foron idolatrados, nin sequera coñecidos pola súa obra, sólo meros artistas anónimos, que deixáronnos constanza da súa efímera existencia.

¿Algunha vez pasaches polas covas de Altamira, ou contemplaches nalgunha fotografía a Venus de Willendorf? Se é así, comprenderás o que eu pretendo explicarche desde o miña opinión persoal.

Comezarei expoñendo as deduccións básicas que nos demostran as pinturas que deixaron os da nosa especie miles de anos atrás.  Na Europa Occidental é onde se dan mais casos de arte parietal, a cal refírese á arte mural, é dicir, a arte nas grutas, nos abrigos rochosos e en todas as paredes interiores onde puideran pintar. Usaban os dedos, escupían pintura coa boca e chegaron a inventar unha especie de lápices e pinceles rudimentarios. Os lugares onde mais soían pintar era nas zonas mais interiores das grutas. Isto soa realmente extraño se sabemos que eles convivían nas entradas e zonas mais próximas ó exterior das covas e non nas zonas alonxadas da saída, cubertas pola escuridade. Por iso, deducimos o uso dunha luz artifial, o lume. Xa non é que o descubriran, se nón que aprenderon a mantenelo e a aproveitalo. Outra cousa que aproveitaron, foron os desniveles rochosos que lles permitían gañar volume ás pinturas. E é así como causan unha gran sensación ver ós animais que sobresaen.

A venus de Willendorf

Venus de Willendorf

      Outra vertente da arte paleolítica, ven a ser a arte moble, ou mobiliar, que envolve a todos aqueles obxectos artísticos que pódense mover e son atopados en excavacións. Crese que quizais estos obxectos tiveran algunha función rituaria. Son tales os colgantes, os bastóns perforados, as lanzas, etc. Obxectos realmente significativos na arte moble foron as Venus do paleolítico, atopadas en diversos lugares. A primera que apareceu foi a Venus de Brassempouy por Édouard Piette en 1833. A partir dos seguintes descubrimentos, fixéronse teorías acerca destas figuriñas. As características das mesmas aparecían como mulleres obesas, de pequenos brazos e pés, pero cos peitos e a vulva moi esaxerados en tamaño. Estas representacións nunca tiñan cara. Pénsase que o que querían representar con isto era a fertilidade ou as épocas de abundancia.

Realmente estas obras dannos unha achegada ó pasado, ó comezo de todo, e recórdannos a evolución pola que hemos pasado ata chegar ós nosos días.

Anuncios

About J.W.Simons

I was born and raised down in Shrewsbury. On a farm way back up in the woods.
Esta entrada fue publicada en Arte. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s